luns, 28 de xaneiro de 2019

INICIO DO PROGRAMA INTEGRADO "INSERAMES-BRIÓN XI"

O pasado 1 de novembro de 2018 deu comezo oficialmente o Programa Integrado Inserames-Brión XI. 

Terá unha duración de 12 meses, finalizando o 31 de outubro de 2019.

Seguindo a liña habitual de colaboración entre os Concellos de Ames e Brión en materia de emprego, o Programa constitúe un referente nos últimos anos, acadando resultados de inserción sempre por riba dos obxectivos marcados pola normativa. É por iso, que os dous concellos volven a apostar pola presentación e execución conxunta do proxecto, ao abeiro da ORDE do 31 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2018. (DOG de 21 de xuño de 2018).

PARTICIPANTES
Nos meses de novembro e decembro estivemos levando a cabo o proceso de selección cos candidatos remitidos pola oficina de emprego, dos 100 participantes que se van a atender nesta edición, o que supón un incremento en 15 persoas respecto á edición anterior. Os requisitos que deben cumprir son: estar inscritos como demandantes de emprego e ser menores de 30 anos. Ademáis, o 75% deberán ter unha formación rematada máxima de Bacharelato, mentres que as restantes prazas poden estar cubertas por participantes con calquera titulación.

O obxectivo prioritario do Programa Integrado é que, co desenvolvemento das diferentes actividades que cada participante acorde realizar cos titores, mellore a súa empregabilidade para acadar un posto traballo o antes posible.

ACTIVIDADES
No mes de xaneiro de 2019 estamos facendo a primeira rolda de titorías de orientación (entrevistas de acollida e diagnóstico), na que imos coñecendo aos participantes, o seu perfil formativo e profesional, as súas expectativas, e establecendo dacordo con cada un, os primeiros pasos a dar no seu itinerario de inserción.

No próximo mes de febreiro, darán comezo os primeiros obradoiros de procura activa de emprego: Elaboración de CV  e busca de emprero por Internet, Entrevistas de traballo e procesos de selección e Competencias e habilidades para a procura de emprego.

As actividades a desenvolver no Programa son as seguintes:
  • Información, orientación e asesoramento
  • Titorías individuais para levar a cabo o Itinerario Personalizado de Inserción de cada participante, e dicir, asesoramento e acompañamento permanente no proceso de procura de emprego. 
  • Formación transversal – Novas tecnoloxías, idiomas, prevención de riscos, manipulador de alimentos, obradoiros para a busca activa de emprego, etc. 
  • Formación en habilidades sociais e coaching e motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea. 
  • Obradoiros de habilidades sociolaborais e de entrevistas
  • Fomento da capacidade emprendedora. 
  • Prospección empresarial. 
  • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes
  • Formación para o emprego. 
  • Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas. 
  • Obradoiros sobre mobilidade laboral. 

Próximamente, informaremos das datas e horarios das primeiras actividades (obradoiros de procura de emprego, formación transversal...).

Empezamos...!!!


mércores, 26 de setembro de 2018

CHARLA REDE EURES



O xoves 27 de setembro ás 11 horas imos celebrar unha pequena charla acerca da mobilidade trasnacional como opción de busca de emprego. 

Para iso, imos desgranar o servizo que presta a Rede Eures en canto a ofertas de emprego noutros países, asesoramento e información das ofertas e dos diferentes territorios (condicións de traballo e de vida), axudas á mobilidade, trámites necesarios...

Contaremos coa presencia de Covadonga López, conselleira Eures en Galicia que nos explicará todos os pormenores deste servizo e contestará a todas as dúbidas que se vos plantexen. 

É interesante a asistencia, xa que non sempre coñecemos todos os recursos e oportunidades que están a nosa disposición na procura de emprego. 

Agardámosvos! 

xoves, 30 de agosto de 2018

Actividades setembro a novembro 2018

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

Transcorridos xa 9 meses dende o inicio do Programa, estamos a planificar o último trimestre, coa a actividade a desenvolver durante setembro, outubro e novembro.

Temos por diante 3 meses intensos, nos que seguirá habendo un pouco de todo: obradoiros, cursos transversais, charlas informativas, formación específica, prácticas en empresas, prospección e intermediación...e, por suposto, seguiremos coas titorías individuais nas que os participantes poderán planificar e completar o seu Itinerario Personalizado de Inserción.

Os cursos, obradoiros e charlas previstos son os seguintes:

Obradoiros: 
    - Comunicación, marca persoal, “elevator pitch” (5 horas) - 2 Edicións
    - "Lego Serious Play" para o traballo de habilidades sociais para a busca de emprego" (5 horas)
    - Obradoiro de "Mindfulness" (2 horas)- 2 Edicións
    - Entrevistas de traballo e procesos de selección (5 horas)
    - Obradoiro de "Autoemprego" (4 horas)

Cursos transversais:
    - Inglés medio. Atención ao público (60 horas)
    - Coaching e técnicas de motivación para a busca de emprego (25 horas) - 2 Edicións

Formación homologada:
    - Manexo de Plataformas Elevadoras de Persoal (20 horas)


Formación específica:
    - Itinerario Comercio / Loxística - Parte específica comercio (2ª edición) (35 horas + 60 horas prácticas non laborais)
    - Monitor de transporte e comedor escolar (60 horas teóricas + 20 horas prácticas non laborais)

Charlas informativas:
    - Rede EURES
    - As Empresas de Traballo Temporal.
    - Presentación empresas

Informaremos das datas e horarios a medida que se vaian confirmando.

RESULTADOS DE INSERCIÓN

A falta do último trimestre, actualmente atópanse traballando 38 participantes, o que supón un 44,7% do total. Máis ao longo do Programa xa tiveron algún contrato 46 participantes, é dicir, o 55% dos mesmos.





luns, 19 de febreiro de 2018

Inicio dos primeiros obradoiros para a procura activa de emprego

Neste mes de febreiro estamos a comezar a actividade formativa do Programa Integrado.
Os primeiros obradoiros son os relativos a procura activa de emprego, e comezamos cunha primeira edición de cada un deles, que serán:
  • Venres 16 de febreiro (9-14 hs.): Recursos e ferramentas para a procura de emprego (CV, carta, correo-e, portais de emprego, autocandidatura, redes sociais, apps...)
  • Xoves 22 de febreiro (10-13 hs.)Competencias e habilidades sociolaborais para a procura de emprego (autocoñecemento, obxectivo profesional, habilidades....)
  • Mércores 28 de febreiro (9-14 hs.)Obradoiro de procesos de selección.
Estas accións programaranse con carácter continuo xa que as prazas por curso son limitadas. É dicir, imos facer máis edicións para que todos os participantes podan asistir, sendo as seguintes xa no próximo mes de marzo. Informaremos das datas e horarios nos vindeiros días.

Tamén estamos xa a planificar a formación transversal e a formación específica para o emprego. A formación específica estrutúrase en itinerarios sectoriais, con cursos específicos, prácticas non laborais e cursos complementarios, que serán os seguintes:
  •  Itinerario de comercio/loxística.
  •  Itinerario de actividades para a mocidade.
  •  Itinerario de servizos.
Ademáis contamos coa plataforma de formación on line, na que os participantes poden escoller entre centos de cursos de todas as familias profesionais, de forma que podan ir complementando o seu itinerario, e mesmo, ter máis flexibilidade para a realización das accións, tanto en horarios como en tempo, coa vantaxe de poder facelas dende a casa, facilitando a conciliación. 

venres, 26 de xaneiro de 2018

INICIO DO PIE INSERAMES BRION X

Comeza unha nova edición do Programa Integrado Inserames-Brión. Xa imos polo X Programa, e nesta ocasión volve a ter unha duración de 12 meses, dende o pasado 1 de decembro ata o 30 de novembro de 2018.

O Programa segue a ser unha iniciativa conxunta dos Concellos de Ames e Brión ao abeiro da ORDE do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2017 e 2018 (DOG de 19 de xullo de 2017).

Ao longo do pasado mes de decembro estivemos completando o proceso de selección dos 85 participantes no Programa, cos candidatos remitidos pola oficina de emprego. Os requisitos que deben cumprir nesta edición son: estar inscritos como demandantes de emprego e ser menores de 30 anos. Ademáis, o 70% deberán ter unha formación rematada máxima de Bacharelato, mentres que as restantes prazas poden estar cubertas por participantes con calquera titulación.

Ao mesmo tempo iniciamos a primeira rolda de titorías de orientación (entrevistas de acollida e diagnóstico) , na que imos coñecendo aos participantes, o seu perfil formativo e profesional, as súas expectativas, e establecendo dacordo con cada un, os primeiros pasos a dar no seu itinerario de inserción.
O obxectivo prioritario do Programa Integrado é que, co desenvolvemento das diferentes actividades que cada participante acorde realizar cos titores, mellore a súa empregabilidade para acadar un posto traballo o antes posible.

Qué actividades se van a desenvolver? 
  • Información, orientación e asesoramento – Titorías individuais para levar a cabo o Itinerario Personalizado de Inserción de cada participante, e dicir, asesoramento e acompañamento permanente no proceso de procura de emprego.

  • Formación transversal – Novas tecnoloxías, idiomas, prevención de riscos, manipulador de alimentos, obradoiros para a busca activa de emprego, etc.

  • Formación en habilidades sociais e coaching e motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea.

  • Obradoiros de habilidades sociolaborais e de entrevistas

  • Fomento da capacidade emprendedora

  • Prospección empresarial.

  • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.

  • Formación para o emprego

  • Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.
     
  • Talleres sobre mobilidade laboral
 Nas próximas semanas iremos informando sobre os calendarios das actividades.