luns, 19 de febreiro de 2018

Inicio dos primeiros obradoiros para a procura activa de emprego

Neste mes de febreiro estamos a comezar a actividade formativa do Programa Integrado.
Os primeiros obradoiros son os relativos a procura activa de emprego, e comezamos cunha primeira edición de cada un deles, que serán:
  • Venres 16 de febreiro (9-14 hs.): Recursos e ferramentas para a procura de emprego (CV, carta, correo-e, portais de emprego, autocandidatura, redes sociais, apps...)
  • Xoves 22 de febreiro (10-13 hs.)Competencias e habilidades sociolaborais para a procura de emprego (autocoñecemento, obxectivo profesional, habilidades....)
  • Mércores 28 de febreiro (9-14 hs.)Obradoiro de procesos de selección.
Estas accións programaranse con carácter continuo xa que as prazas por curso son limitadas. É dicir, imos facer máis edicións para que todos os participantes podan asistir, sendo as seguintes xa no próximo mes de marzo. Informaremos das datas e horarios nos vindeiros días.

Tamén estamos xa a planificar a formación transversal e a formación específica para o emprego. A formación específica estrutúrase en itinerarios sectoriais, con cursos específicos, prácticas non laborais e cursos complementarios, que serán os seguintes:
  •  Itinerario de comercio/loxística.
  •  Itinerario de actividades para a mocidade.
  •  Itinerario de servizos.
Ademáis contamos coa plataforma de formación on line, na que os participantes poden escoller entre centos de cursos de todas as familias profesionais, de forma que podan ir complementando o seu itinerario, e mesmo, ter máis flexibilidade para a realización das accións, tanto en horarios como en tempo, coa vantaxe de poder facelas dende a casa, facilitando a conciliación.