Amosando publicacións coa etiqueta Competencias Clave. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Competencias Clave. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de marzo de 2020

Os Certificados de Profesionalidade 2020

Con esta entrada, que actualizamos dun Programa anterior, retomamos o Blogue do Programa. 
Tentaremos publicar temas que vos podan ser de interese relativos á procura de emprego, homologacións, formación, prácticas...e calquera outro que vos facilite información que poda ser de utilidade.

Nesta entrada tentaremos explicar de xeito claro qué son os Certificados de Profesionalidade, requisitos para acceder a eles, niveis, etc.

Os Certificados de Profesionalidade. Qué son?

Os Certificados de Profesionalidade son un "instrumento de acreditación oficial para as cualificacións profesionais". Qué quere dicir isto? significa que acredita a un traballador/a nunha cualificación profesional do Catálogo Nacional das Cualificacións Profesionais. Este catálogo "ordena as cualificacións profesionais susceptibles de recoñecemento e acreditación, identificadas no sistema produtivo en función das competencias apropiadas para o exercicio profesional. Comprende as cualificacións profesionais máis significativas do sistema produtivo español, organizadas en familias profesionais e niveis.". 

É dicir: o certificado de profesionalidade homologa a un traballador na realización das tarefas propias dunha profesión e cun nivel de especialización determinado.
Está dividido en 26 Familias Profesionais, que recollen as actividades profesionais máis representativas do sistema produtivo español, según criterios de afinidade coaocupacións e postos de traballo detectados.


Dentro das Familias Profesionais hai 5 niveis de cualificación "dacordo ao grao de coñecemento, iniciativa, autonomía e responsabilidade preciso para realizar dita actividade laboral". Os niveis 1, 2 e 3 son os habituais, quedando os niveis 4 e 5 para actividades complexas, que esixen un alto grao de autonomía e responsabilidade, así como capacidade de dirección e xestión, organización e innovación.

Requisitos para acceder aos Certificados de Profesionalidade

Para poder cursar un certificado de profesionalidade hai que cumprir os requisitos de formación mínima necesaria, en función do nivel do certificado ao que se quere acceder, excepto no caso dos de Nivel 1, que non requiren ningunha titulación mínima.
Ditos requisitos serían os seguintes:
      Para nivel 1    Non hai requisitos
  • Para nivel 2    ESO ou titulacións equivalentes

    Para nivel 3    Bacharelato ou titulacións equivalentes
Podedes consultalos de xeito máis detallado no seguinte enlace.
Se non se cumplen os requisitos, existe a opción de acceder a través das probas de "Competencias clave", que convoca a Xunta de Galicia.
O pasado 26/02/20 remitimos un correo electrónico con toda a información do proceso deste ano. Como todos os procesos en marcha, os prazos e desenvolvemento dos mesmos están paralizados e condicionados pola evolución da situación de crise sanitaria actual, como podedes comprobar si accededes ao enlace.

Convócanse normalmente unha vez ao ano, tanto para Nivel 2 como para Nivel 3. Constan de probas de avaliación nas materias de Lingua Castelá, Lingua Galega e Matemáticas. Tamén hai a de Lingua Estranxeira, para aquelas persoas interesadas en cursar un certificado que teña o módulo correspondente.

Estrutura dos Certificados de Profesionalidade

Un Certificado de Profesionalidade divídese en Unidades de Competencia, que desenvolven os seus contidos en Módulos Formativos. Cada Módulo Formativo, dívídese á súa vez en Unidades Formativas. Cada Unidade Formativa ten unha duración e uns contidos determinados. O conxunto de contidos das Unidades Formativas que compoñen un Módulo, forman os contidos do Módulo Formativo. E a suma do número de horas de duración das Unidades Formativas dun Módulo, será a duración total do Módulo.

                       
Unha característica fundamental dos Certificados de Profesionalidade é que pode acadarse a súa acreditación a través de diferentes vías e en diferentes momentos. Qué quere dicir isto? Pois por exemplo: nun certificado composto de 2 módulos, como no esquema anterior, pódese obter a acreditación do Módulo Formativo 1 (Unidade de Competencia 1) realizando o curso correspondente no ano 2020 nunha entidade homologada.
E realizar o Módulo Formativo 2 (Unidade de Competencia 2) un ano despois e noutra entidade homologada diferente.
Unha vez completemos os módulos que compoñen o Certificado, poderemos solicitar á Administración correspondente que nos expida o título oficial.

Outras vías para obter os Certificados de Profesionalidade: a Acreditación das Competencias Profesionais

Ademáis de poder obter unha homologación nun Certificado de Profesionalidade, a través da realización do curso ou cursos correspondentes, tamén existe outra vía, que é a de a "acreditación das competencias profesionais", da que publicaremos unha entrada no blogue con toda a información relativa a dito proceso.

martes, 29 de decembro de 2015

Charla sobre a preparación das Competencias Clave

E para despedir o ano, esta mañá, Sandra Pedrares, da empresa AMES FORMACION, impartiu unha pequena charla sobre o siginificado das competencias clave, para que habilitan, cales son os requisitos de acceso, os tipos de probas que se realizan, ... 

 En definitiva, o obxectivo da charla foi aclarar moitas dúbidas acerca das competencias clave e súa diferenza coa formación regrada, dos certificados de profesionalidades, e motivar aos alumnos e alumnas para que se presenten á convocatoria deste ano das competencias clave de Nivel 2, a través do curso preparatorio que realizaremos no marco do Programa InserAmes Brión VIII, de cara os meses de marzo e abril, dependendo da data oficial do exame da Xunta de Galicia. 



Se precisas mais información sobre as Competencias Clave podes consultar o seguinte enlace: 

Iremos informando ao longo do 2016 sobre a convocatoria e as datas do curso preparatorio que imos poñer en marcha.