En
relación coa "Prospección de empresas" e a "Intermediación laboral",
asinamos convenios de colaboración entre o Programa e
empresas da nosa contorna, para a realización de
determinadas actividades conxuntas.
Unha
das empresas que ven colaborando co Programa Integrado nesta edición
e anteriores é Servicio
Móvil, que
xestiona a distribución de materiais sanitarios para os hospitais e
centros de saúde do Sergas para toda Galicia. Conta cunha plataforma
loxística central en Negreira, moi preto de Ames e Brión. No
convenio de colaboración asinado inclúense diferentes actividades,
como por exemplo:
-
Preselección de CV.
-
Charlas-presentación.
-
Visitas didácticas.
-
Realización de
Prácticas Non Laborais.
En
edicións anteriores do Programa, realizáronse xa estas actividades,
e algún dos participantes conseguiu a inserción laboral na
empresa.
VISITA
DO 27 DE MAIO

A visita estruturouse en 3 partes:
o
Presentación da
Plataforma Loxística Sanitaria de Galicia -
Os responsables da planta explicaron o proxecto e actividade da
empresa, en particular o proxecto co Sergas.
o
Coloquio: “Perfil
adecuado para conseguir un primeiro emprego no sector loxístico”
- Por último, estableceuse un coloquio entre os alumnos e os
responsables de Servicio Móvil, no que estes explicaron os perfiles
que se precisan nunha planta loxística de estas características,
cómo se leva a cabo o proceso de selección e tamén respostaron ás
cuestións que lles plantexaron os alumnos.