Como xa fumos contando, dende o pasado 1 de setembro estamos a levar a cabo a IX edición do Programa Integrado para o Emprego “Inserames
Brión”. Nesta ocasión aténdese a SESENTA participantes dos
concellos de Ames e Brión, desempregados e menores de 30 anos.
Neste
mes de decembro, están rematando as actividades correspondentes ao
período de 2016, iniciadas no pasado mes de setembro.
A
partires de xaneiro de 2017 e ata o 31/08/17 (data de finalización
do Programa), continuarase traballando cos participantes no seu
Itinerario Personalizado de Emprego.
O
obxectivo principal do Programa é a inserción
laboral
dos participantes ou, cando menos, mellorar a súa empregabilidade, a
través da realización de diversos tipos de accións, adaptando o
seu “itinerario” en función do seu perfil individual e as súas
expectativas. O
Programa parte cun obxectivo
de inserción do 40%
sobre o total dos participantes.
Neste
momento, 17 participantes xa tiveron contratos por conta allea, dos
cales 15 seguen traballando. Ademáis houbo 1 alta no réxime
especial de traballadores autónomos. Polo
tanto, na data de hoxe a porcentaxe de inserción acada xa o 27%.
Estas
cifras, aínda que referidas tan só aos primeiros 3 meses de
actividade, reflicten o potencial do Programa como ferramenta para
axudar a atopar traballo aos participantes no mesmo, cunha
combinación de actividades que se amosan como efectivas no seu
itinerario personalizado de inserción. O deseño individualizado do
itinerario de cada alumno e o seguimento e adaptación permanente fan
que se incrementen considerablemente as posibilidades de atopar
emprego.
As
actividades que se están a levar a cabo nestes primeiros meses son:
-
Titorías
individuais:
Asesoramento para a procura de emprego
-
Formación
transversal:
Inglés básico, Comunicación
e habilidades sociais. Coaching e técnicas de motivación para a
busca de emprego, Elaboración do CV e procura de emprego por Internet (2 edicións)
-
Formación
homologada: Manexo de
maquinaria (carretilla elevadora, retráctil, etc.)...
- Formación
específica para o emprego:
Operacións auxiliares de almacén e Operacións auxiliares de
comercio .
Manexo de maquinaria |
Coaching e técnicas de motivación |
Elaboración de CV |
- Prácticas Non Laborais:
Prácticas en empresas e centros de traballo como complemento dos
cursos de formación específica. Neste mes están a realizar as prácticas correspondentes aos cursos de Almacén e Comercio un total de 14 alumnos distribuídos en 12 empresas.
-
Autoemprego:
asesoramento e formación para o autoemprego.
-
Prospección
de empresas, para
detectar sectores e empresas con potenciais necesidades de
contratación de perfiles profesionais incluídos entre os
participantes do Programa.
-
Intermediación
laboral,
entre as empresas e os participantes.
Como
novidade nesta edición, estamos a poñer en marcha unha plataforma
de formación on line,
o que permitirá a partires do mes de xaneiro a realización de
cursos de moi diversa temática.
A
formación on line incorpórase cun dobre obxectivo: por unha banda,
para potenciar a inmersión dos participantes nas novas tecnoloxías.
E por outra, para facilitar a realización de actividades, en
particular aos alumnos que presentan problemas de horarios para a
asistencia presencial (problemas de conciliación, razóns de saúde,
etc.)
Próximamente avanzaremos as actividades previstas para os primeiros meses de 2017