PRÓXIMAS ACTIVIDADES
Transcorridos xa 9 meses dende o inicio do Programa, estamos a planificar o último trimestre, coa a actividade a desenvolver durante setembro, outubro e novembro.
Temos por diante 3 meses intensos, nos que seguirá habendo un pouco de todo:
obradoiros, cursos transversais, charlas informativas, formación específica, prácticas en empresas, prospección e intermediación...e, por suposto, seguiremos coas
titorías individuais nas que os participantes poderán planificar e completar o seu Itinerario Personalizado de Inserción.
Os cursos, obradoiros e charlas previstos son os seguintes:
Obradoiros:
- Comunicación, marca persoal, “elevator pitch” (5 horas) - 2 Edicións
- "Lego Serious Play" para o traballo de habilidades sociais para a busca de emprego" (5 horas)
- Obradoiro de "Mindfulness" (2 horas)- 2 Edicións
- Entrevistas de traballo e procesos de selección (5 horas)
- Obradoiro de "Autoemprego" (4 horas)
Cursos transversais:
- Inglés medio. Atención ao público (60 horas)
- Coaching e técnicas de motivación para a busca de emprego (25 horas) - 2 Edicións
Formación homologada:
- Manexo de Plataformas Elevadoras de Persoal (20 horas)
Formación específica:
- Itinerario Comercio / Loxística - Parte específica comercio (2ª edición) (35 horas + 60 horas prácticas non laborais)
- Monitor de transporte e comedor escolar (60 horas teóricas + 20 horas prácticas non laborais)
Charlas informativas:
- Rede EURES
- As Empresas de Traballo Temporal.
- Presentación empresas
Informaremos das datas e horarios a medida que se vaian confirmando.
RESULTADOS DE INSERCIÓN
A falta do último trimestre, actualmente atópanse traballando 38 participantes, o que supón un 44,7% do total. Máis ao longo do Programa xa tiveron algún contrato 46 participantes, é dicir, o 55% dos mesmos.