O Programa segue a ser unha iniciativa conxunta dos Concellos de Ames e Brión ao abeiro da ORDE do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia durante os anos 2017 e 2018 (DOG de 19 de xullo de 2017).
Ao longo do pasado mes de decembro estivemos completando o proceso de selección dos 85 participantes no Programa, cos candidatos remitidos pola oficina de emprego. Os requisitos que deben cumprir nesta edición son:
 estar inscritos como demandantes de emprego e ser menores de 30 anos. 
Ademáis, o 70% deberán ter unha formación rematada máxima de 
Bacharelato, mentres que as restantes prazas poden estar cubertas por 
participantes con calquera titulación.
Ao mesmo tempo iniciamos a primeira rolda de titorías de orientación (entrevistas de acollida e diagnóstico) , na que imos coñecendo aos participantes, o seu perfil formativo e profesional, as súas expectativas, e establecendo dacordo con cada un, os primeiros pasos a dar no seu itinerario de inserción.
O obxectivo prioritario do Programa Integrado é que, co desenvolvemento das diferentes actividades que cada participante acorde realizar cos titores, mellore a súa empregabilidade para acadar un posto traballo o antes posible.Ao mesmo tempo iniciamos a primeira rolda de titorías de orientación (entrevistas de acollida e diagnóstico) , na que imos coñecendo aos participantes, o seu perfil formativo e profesional, as súas expectativas, e establecendo dacordo con cada un, os primeiros pasos a dar no seu itinerario de inserción.
Qué actividades se van a desenvolver?
- 
Información, orientación e asesoramento – Titorías individuais para levar a cabo o Itinerario Personalizado de Inserción de cada participante, e dicir, asesoramento e acompañamento permanente no proceso de procura de emprego.
- 
Formación transversal – Novas tecnoloxías, idiomas, prevención de riscos, manipulador de alimentos, obradoiros para a busca activa de emprego, etc.
- 
Formación en habilidades sociais e coaching e motivación para a procura de emprego, tanto por conta propia como allea.
- 
Obradoiros de habilidades sociolaborais e de entrevistas
- 
Fomento da capacidade emprendedora
- 
Prospección empresarial.
- 
Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
- 
Formación para o emprego
- 
Prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia, preferentemente, co contido teórico práctico das accións formativas.
- 
Talleres sobre mobilidade laboral
 
 
