Neste mes de febreiro estamos a comezar a actividade formativa do Programa Integrado.
Os primeiros obradoiros son os relativos a procura activa de emprego, e comezamos cunha primeira edición de cada un deles, que serán:
Os primeiros obradoiros son os relativos a procura activa de emprego, e comezamos cunha primeira edición de cada un deles, que serán:
- Venres 16 de febreiro (9-14 hs.): Recursos e ferramentas para a procura de emprego (CV, carta, correo-e, portais de emprego, autocandidatura, redes sociais, apps...)
- Xoves 22 de febreiro (10-13 hs.): Competencias e habilidades sociolaborais para a procura de emprego (autocoñecemento, obxectivo profesional, habilidades....)
- Mércores 28 de febreiro (9-14 hs.): Obradoiro de procesos de selección.
Estas accións programaranse con carácter continuo xa que as prazas por curso son limitadas. É dicir, imos facer máis edicións para que todos os participantes podan asistir, sendo as seguintes xa no próximo mes de marzo. Informaremos das datas e horarios nos vindeiros días.
Tamén estamos xa a planificar a formación transversal e a formación específica para o emprego. A formación específica estrutúrase en itinerarios sectoriais, con cursos específicos, prácticas non laborais e cursos complementarios, que serán os seguintes:
- Itinerario de comercio/loxística.
- Itinerario de actividades para a mocidade.
- Itinerario de servizos.