O xoves 27 de setembro ás 11 horas imos celebrar unha pequena charla acerca da mobilidade trasnacional como opción de busca de emprego.
Para iso, imos desgranar o servizo que presta a Rede Eures en canto a ofertas de emprego noutros países, asesoramento e información das ofertas e dos diferentes territorios (condicións de traballo e de vida), axudas á mobilidade, trámites necesarios...
Contaremos coa presencia de Covadonga López, conselleira Eures en Galicia que nos explicará todos os pormenores deste servizo e contestará a todas as dúbidas que se vos plantexen.
É interesante a asistencia, xa que non sempre coñecemos todos os recursos e oportunidades que están a nosa disposición na procura de emprego.
Agardámosvos!