A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, abre o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou a aprendizaxe non formal, dende onte, 11 de xaneiro, e ata o día 5 de febreiro.
Cal e a finalidade?
A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias
profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo
ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que
garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da
avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas
polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus
saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.
A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.
Cales son os requisitos?
- Posuír a nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadán da U. E., ou ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España.
- Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I, e ter 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.
- Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar:
- Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 10 anos, para unidades de competencia de nivel II e III. Para unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
- Formación: xustificar polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel I, ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos 10 anos. Nos casos nos que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas neste módulos. - As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinaria ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán estar en posesión dun título de formación profesional ou dun certificado de profesionalidade que conteña a/as unidade/s de competencia que solicita. Tampouco estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento de experiencia profesional, ou probas libres para a obtención do título de FP.
- As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa e non poidan xustificalos mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre e cando presentaran a xustificación mediante algunha proba admitida en dereito, da súa experiencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación.
- Administración e xestión
- Agraria
- Edificación e obra civil
- Electricidade e electrónica
- Fabricación mecánica
- Hostalería e turismo
- Imaxe persoal
- Industrias alimentarias
- Informática e comunicacións
- Instalación e mantemento
- Madeira, moble e cortiza
- Química
- Sanidade
- Servizos socioculturais e á comunidade
- Transporte e mantemente de vehículos
Se tes algunha dúbida chámanos para concertar unha titoría e asesorarémoste en todo o proceso de acreditación!!!
Mais info: http://www.edu.xunta.es/fp/convocatoria-2016-acreditacion
Ningún comentario:
Publicar un comentario