Nesta edición o Programa ten unha duración de 12 meses, rematando o 31 de agosto de 2016.
Ao longo deste mes de setembro estivemos completando o proceso de selección dos 80 participantes no Programa, cos candidatos remitidos pola oficina de emprego, e que nesta edición deben cumprir os requisitos de ser menores de 30 anos e cunha formación rematada máxima de Bachareleto.
Ao mesmo tempo iniciamos a primeira rolda de entrevistas de orientación, na que imos coñecendo aos participantes, o seu perfil formativo e profesional, as súas expectativas, e establecendo dacordo con cada un, os primeiros pasos a dar.
Ao mesmo tempo iniciamos a primeira rolda de entrevistas de orientación, na que imos coñecendo aos participantes, o seu perfil formativo e profesional, as súas expectativas, e establecendo dacordo con cada un, os primeiros pasos a dar.
O obxectivo prioritario do Programa Integrado é axudar ós participantes a acadar un posto de traballo o antes posible, ou cando menos, que melloren a súa empregabilidade coa participación nas diferentes actividades.
Un Programa Integrado de Emprego pode incluir diversos tipos de accións, que ofrecen flexibilidade para axustar o itinerario de cada participante en función do seu perfil, as súas necesidades e as súas expectativas. Estas accións poden ser:
- Itinerarios Personalizados de Inserción: titorías individuais
- Cursos de formación para a procura de emprego
- Formación transversal
- Formación específica para o emprego
- Prácticas non laborais
- Prospección de empresas
- Intermediación laboral
- Formación e asesoramento para o autoemprego
Cada participante irá deseñando o seu propio itinerario coa axuda dos titores do Programa: cursos que máis se lle axeiten, prácticas, titorías...O mínimo de participación que se require é de 5 accións individuais e outras 3 accións de diferente natureza.
As actividades desenvólvense no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, situado na Urbanización Aldenova, onde contamos con aulas, talleres e despachos, con todo o equipamento necesario.
Para a realización das prácticas non laborais, estableceremos acordos con empresas da contorna coas que asinaremos convenios de colaboración.
A través do contacto permanente coas empresas e con outras entidades (Concellos, Axencia Local de Colocación, ETT´s, Asociacións de empresarios, etc.), tentaremos detectar oportunidades para os participantes, de xeito que poidamos facilitar e axilizar a súa incorporación ao mercado laboral.
Próximos cursos

E un pouco máis adiante, dará comezo a formación transversal e a formación específica, completando un primeiro bloque de cursos ata finais de 2015.
Comunicación e redes sociais
Dende o Programa temos establecidas diferentes vías para ir informando aos participantes das actividades, así como para darnos a coñecer e establecer canles de comunicación recíprocas.
Ademáis do correo electrónico e o teléfono como medios de comunicación individuais con cada participante, vimos utilizando, xa dende edicións anteriores, a nosa páxina en Facebook, onde facilitamos información das actividades do Programa, así como outras novas que podan resultar de interese: ofertas de emprego, boletíns, convocatorias de exames, etc.
Tamén imos activar unha conta en Twitter...e claro, este blogue que agora comezamos.
Tentaremos, con entradas periódicas, contar o que imos facendo no Programa, así como comentar cuestións que podan ser de interese.
Benvid@s!!!
Tamén imos activar unha conta en Twitter...e claro, este blogue que agora comezamos.
Tentaremos, con entradas periódicas, contar o que imos facendo no Programa, así como comentar cuestións que podan ser de interese.
Benvid@s!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario