PARTICIPA NA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO DOS CONCELLOS DE AMES E BRIÓN 2020-2021
O novo programa Integrado de Emprego dos Concellos de Ames e Brión, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade con 213.599,74 € e cofinanciado polos concellos de Ames e Brión, está dirixido a 100 mulleres desempregadas, dos concellos de Ames e Brión.
O obxectivo desta nova edición é a mellora da empregabilidade e a cualificación para o emprego das participantes, nunha situación coma actual de especial dificultade e que afecta en maior medida a colectivos vulnerables, integrados fundamentalmente por mulleres.
O obxectivo de inserción fixado para esta nova edición é do 40% das mulleres participantes, o cal supón un reto, dadas as circunstancias do mercado laboral actual debido a situación producida pola crise sanitaria.
Para conseguir este obxectivo, durante o Programa, as participantes recibirán formación teórica especializada con prácticas en empresas, elixindo a que máis se adapte aos seus intereses de entre diferentes itinerarios formativos propostos, deseñados de acordo coas oportunidades laborais da nosa comarca: atención sociosanitaria, comercio e atención ao público, ocio e tempo libre, turismo, limpeza, hostalería, manexo de maquinaria…
Impartirase, como formación homologada, o certificado de profesionalidade de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” (SSCS0208).
As participantes, ademais, recibirán formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de emprego, marca persoal, comunicación, habilidades sociais e intelixencia emocional, emprendemento… e contarán co apoio de titorías persoais para o acompañamento na busca de emprego.
Ao longo do Programa as participantes tamén disporán dunha plataforma de teleformación cun amplo catálogo de cursos clasificados por familias profesionais e dos que poderán facer totalmente on line e coa flexiblidade que implica esta modalidade.
Requisitos
de participación
Para poder participar as interesadas deben ter a súa residencia nos concellos de Ames ou Brión e estar inscritas como desempregadas na oficina de emprego.
Se estás interesada en participar e queres solicitar información do proceso de inscrición e do funcionamento do Programa, enche o seguinte formulario e nós poñémonos en contacto contigo:
https://forms.gle/25ft7EF9ab4T2ZPg8
Datos
de contacto:
Concello de Ames: Centro de Formación e Emprego (Rúa Costaneira, 2 - Urb. Aldeanova) - teléfonos 608 459 678 e 663 711 876.
Concello de Brión: Servizo de Emprego. Casa da Cultura - Tlf. 981 50 99 08.
PIE Ames-Brión Exp. TR332A 2020-29