mércores, 1 de abril de 2020







NOVAS MEDIDAS NO ÁMBITO LABORAL APROBADAS O PASADO 31 DE MARZO DE 2020 POLO REAL DECRETO-LEI 11/2020

  • SUBSIDIO DE DESEMPREGO EXCEPCIONAL POR FIN DE CONTRATO (art 33)

Serán beneficiarias do subsidio de desemprego excepcional por fin de contrato temporal as persoas traballadoras que se lles extinguiu un contrato de duración determinada de, polo menos, dous meses de duración, con posterioridade á entrada en vigor do Real Decreto, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e non contasen coa cotización necesaria para acceder a outra prestación ou subsidio se carecesen de rendas.

Este subsidio será recoñecido ás persoas afectadas, pola extinción dun contrato de duración determinada, incluídos os contratos de interinidade, formativos e de substitución.
Será incompatible coa percepción de calquera renda mínima, renda de inclusión, salario social ou axudas análogas concedidas por calquera Administración Pública.

O subsidio excepcional consistirá nunha axuda mensual do 80 por cento do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples mensual vixente. (IPREM: 537,84 euros mensuais). 

A duración será dun mes, ampliable se así se determina por Real Decreto-lei.

  • SUBSIDIO EXTRAORDINARIO POR FALTA DE ACTIVIDAD PARA LAS PERSONAS INTEGRADAS EN EL SISTEMA ESPECIAL DE EMPLEADOS DE HOGAR DEL RÉGIMEN GENERAL DE LA SEGURIDAD SOCIAL.  (arts 30, 31 y 32)

Beneficarios/as: Terán dereito ao subsidio por falta de actividade as persoas que, estando de alta no Sistema Especial de Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social antes a entrada en vigor do estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, atópense nalgunha das seguintes situacións:

- Deixasen de prestar servizos, total ou parcialmente, con carácter temporal, a fin de reducir o risco de contaxio, por causas alleas á súa vontade, nun ou varios domicilios e con motivo da crise sanitaria do COVID-19.
- Extinguiuse o seu contrato de traballo pola causa de despedimento ou pola desistencia do empregador ou empregadora, con motivo da crise sanitaria do COVID-19.
A acreditación do feito causante deberá efectuarse por medio dunha declaración responsable, asinada pola persoa empregadora ou persoas empregadoras, respecto das cales se produciu a diminución total ou parcial de servizos.
No suposto de extinción do contrato de traballo, este poderá acreditarse por medio de carta de despedimento, comunicación da desistencia da empregadora ou empregador, ou documentación acreditativa da baixa no Sistema Especial de Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social.

A contía do subsidio será o resultado de aplicar unha porcentaxe do 70% á base reguladora correspondente á actividade que se deixou de desempeñar.
A base reguladora estará constituída pola base de cotización do mes anterior ao despedimento, desistencia ou diminución de xornada e non poderá ser superior ao Salario Mínimo Interprofesional.
Se fosen varios os traballos desempeñados neste sistema especial, calcularase a base reguladora correspondente a cada un dos distintos traballos que deixasen de realizarse e a contía total do subsidio será a suma das cantidades obtidas aplicando o 70% devandito anteriormente. No caso de perda parcial da actividade, en todos ou algún dos traballos desempeñados, aplicarase ás cantidades obtidas a porcentaxe de redución de xornada.
Este subsidio extraordinario por falta de actividade percibirase por períodos mensuais, desde a data do nacemento do dereito, que será a data de baixa na Seguridade Social ou a que figure na declaración do/a empregador/a en caso de redución de xornada.

Este subsidio será compatible coas percepcións derivadas das actividades por conta propia ou por conta allea que se estivesen desenvolvendo no momento do seu pagamento, sempre que a suma dos ingresos derivados do subsidio e o resto de actividades non sexa superior ao Salario Mínimo Interprofesional, e NON será compatible co subsidio por incapacidade temporal e co permiso retribuído recuperable, polo que se regula un permiso para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19.
Podes consultar o texto íntegro do BOE: https://bit.ly/2UxI0jZ

1 comentario:

  1. Quero compartir con todos vós aquí como obtendo o meu préstamo do señor Benjamin que me axuda cun préstamo de 400.000,00 euros para mellorar o meu negocio, foi sinxelo e rápido cando solicito o préstamo cando as cousas se estaban complicando co meu negocio Sr. Benjamín concédeme sen demora. aquí tes o correo electrónico do señor Benjamin / whatsapp: +1 989-394-3740, Lfdsloans@outlook.com /

    ResponderEliminar