xoves, 23 de abril de 2020

FORMACIÓN ON LINE GRATUÍTA II

Dende que o pasado mes de marzo se decretara o estado de alarma, todos e todas pasamos máis tempo na casa, o que fai mudar moitas das nosas costumes e tamén, dispor dunha oportunidade para facer actividades que normalmente non podemos pola dinámica da vida diaria.
Para aproveitar este tempo de quedar na casa, pode ser un bo momento para realizar algunha formación que nos poda interesar, ben para complementar o noso perfil profesional, ben por intereses persoais. 

Dende a Concellería de Promoción Económica elaborouse un listado que inclúe unha serie de páxinas que ofrecen cursos de acceso libre e gratuitos. Hai cursos de carácter xeral, de perfil universitario, de competencias dixitais, para emprendedores, videotutoriais, etc.

Tamén se inclúe un apartado con páxinas que inclúen cursos para a procura activa de emprego. 


APRENDER GRATIS
Aprender Gratis é unha páxina web española onde podes acceder a máis de 1.300 cursos en liña gratuítos en varias materias. A maioría dos cursos publicados pertencen a universidades, empresas e outros recursos da Administración.

A plataforma emprega unha interface moi sinxela onde atopamos unha páxina con todos os cursos que están dispoñibles na web así como un menú onde clasifica os cursos polos campos aos que pertence.



COURSERA
Coursera é o sitio web de cursos en liña máis relevante de todos, unha páxina que debes coñecer se queres facer un curso gratuíto en liña. Coursera ofrece aprendizaxe 100% en liña das mellores universidades e empresas do mundo.


A través desta plataforma, que naceu en outubro de 2011 desenvolvida por académicos da Universidade de Stanford, podes obter formación en diferentes campos que van dende a arte ata a bioloxía, a ciencia, a química, a economía, a educación, a psicoloxía, a enxeñaría, a saúde, as humanidades, dereito, ... entre moitos outros.
Os cursos son gratuítos, non obstante, se desexas obter o certificado, deberás pagar as taxas correspondentes.


ACTIVATE
Activate é unha páxina web de cursos gratis on line de Google. A través desta páxina podes atopar formación gratuita en competencias dixitais. Ao rematar os cursos de Activate, recibes un certificado de superación.

                                
UNED

A UNED (Universidad Nacional de Educación a Distancia) ofrece cursos gratuitos que podes realizar dende calquera parte do mundo.
Estes cursos son de acceso libre e puedes comezalos e rematalos cando queiras, non teñen ningunha data establecida. Os cursos gratuitos da UNED non ofrecen ningún crédito ni ningún tipo de titulación.
                                    

UNIMOOC
UniMOOC é unha plataforma de cursos online gratuitos para emprendedores. Todos os cursos desta páxina web son gratis, on line e en español.
Entre os cursos de UniMOOC, podes atopar un Curso de Google sobre emprendemento totalmente gratis, e cun certificado co sello dalgunha institución.



EDX
EDX tamén é unha plataforma, lanzada en 2012 polas Universidades de Massachusetts e Harvard que ofrece cursos online gratis a nivel universitario. Pódense atopar os Moocs, cursos online masivos e abertos dun gran número de disciplinas.
                                

COREMSA
Coremsa Formación ofrece un catálogo de cursos on line gratuítos clasificados por familias profesionais, tanto para traballadores como para desempregados.



AULA 10
Aula 10 formación é unha empresa de formación on line a varios niveis (cursos acreditados, oposicións, cursos universitarios, etc.) que, dentro do seu catálogo, ofrece un apartado de cursos gratuitos de diversas temáticas.

                                                               
FEMXA
Cursos Femxa ofrece algúns cursos online gratuitos con prazas para persoas desempregadas. 


ROXANA FALASCO
Roxana Falasco é unha divulgadora do ámbito tecnolóxico e da formación on line que ofrece videocursos e tutoriais sobre diferentes temáticas principalmente relacionadas con ferramentas on line, marketing dixital, edición de video e moitas outras. Pódese acceder ás súas videopublicacións a través da súa canle de Youtube así como a súa Academia Videocursos on line.


LIDER SYSTEM
Lider System dispón dun catálogo de formación online de máis de 2000 cursos e masters distribuidos en dúas plataformas: Cursos de Especialización e Cursos Xerais.


ADECCO
ADECCO Formación ofrece arredor de 70 cursos durante 2 meses de xeito gratuíto, con inscrición ata o 22 de maio e prazo para a súa realización de 10 días


DKA
DKA ofrece máis de 250 cursos gratis online con certificado de participación de todos os sectores.


FOMENTO PROFESIONAL
O grupo Fomento Profesional está dedicado á formación e ao desenvolvemento e execución de produtos e servizos formativos, dirixidos a mellorar a situación profesional e laboral das persoas. Oferta formación en Administración / Economía, aeroportos, agrario, informática, turismo, sanitaria…


FUNDAE, FUNDACIÓN ESTATAL PARA A FORMACIÓN NO EMPREGO
Fundae, Fundación Estatal para a Formación no Emprego dispón de cursos gratuítos en competencias dixitais facilitados por grandes empresas tecnolóxicas.



PÁXINAS CON CURSOS PARA A PROCURA ACTIVA DE EMPREGO

Curso sobre as técnicas para a procura de emprego nun contexto dixital.

Curso gratuíto para facilitar a procura de emprego e o seu enfoque profesional e formativo, que tamén inclúe video resumen do contido.

Curso no que se revisan as principais fontes de procura de emprego, as ferramentas necesarias, a contorna laboral e que inclúe un apartado adicado ao autoemprego.

Ningún comentario:

Publicar un comentario