mércores, 25 de marzo de 2020







CONSELLOS PARA FACER UNA ENTREVISTA ONLINE (SKYPE)

A entrevista online é un tipo de entrevista na que o encontro entre o entrevistador e o candidato ten lugar a través dunha pantalla, mediante un programa informático de vídeo-conferencia, por exemplo, Skype (unha das ferramentas máis empregadas). Este tipo de entrevista permite xestionar todo un proceso de selección desde unha mesma sede, ademais de entrevistas a candidatos de calquera parte do mundo sen custo algún. Os candidatos, ademais, teñen acceso a máis procesos de selección e aforran tempo e diñeiro en desprazamentos.

Antes de realizar a entrevista:

1. Actualiza Skype á última versión. 
Comproba de que tes descargada a última versión de Skype para que o rendemento sexa óptimo.
2. Presta atención ao perfil que tes en Skype. 
O noso perfil en Skype pode revelar aspectos que non agraden ao entrevistador. Revisa o nome de usuario, quizais non sexa a mellor tarxeta de visita para presentarnos. O mesmo ocorre coa fotografía. Repasa tamén as últimas actualizacións do teu estado para evitar comentarios desafortunados.
3. Prepara o decorado. 
Prepara a habitación para tentar ofrecer unha boa experiencia visual. Ordena a habitación, a mesa de traballo e o fondo. Unha librería, un sitio de traballo ordenado ou unha parede  aséptica poden servir como decorado de fondo. Se realizas a entrevista por  Skype nun  Ipad ou Tablet isto é moi fácil, xa que podes levalo con facilidade a calquera sitio. Se o computador está fixo á mesa, igual tes máis dificultades para preparar o fondo, pero merece a pena, xa que a imaxe que transmitas vai ser a suma da túa personalidade e a da parte da habitación que se ve.
4. Usa unha iluminación adecuada. 
O mellor decorado cunha mala iluminación non vale para nada. Se estás de costas á luz, non se che vai a ver ben e podes parecer que estás nun interrogatorio. Se a luz vén de arriba (ou desde abaixo) as sombras que se xeran poden  distorsionar a túa cara e darche un aspecto fantasmagórico. O ideal é ter a luz detrás da cámara. En función da hora fagas a entrevista podes ter máis ou menos luz natural.
5. Íllate dos ruídos
Prepara a casa para tentar ofrecer unha boa experiencia auditiva. Hai que asegurarse de que non nos van a interromper no medio da chamada. Tamén é bo apagar o teléfono móbil.
6. Fai probas co micrófono. 
O son do micrófono do computador sempre é menos  nítido que o dun micrófono independente, aínda que moitas veces é suficiente. Non esperes a descubrilo no momento da entrevista de traballo. Se é independente a que distancia teño que colocalo para que se oia ben?
7. Avisa á familia. 
É mellor estar só na habitación e coa porta pechada. Que non se vexa a ningún espontáneo paseando pola casa ou mirando a entrevista desde a porta.
8. Vístete de forma adecuada. 
Que fagas a entrevista desde casa non significa que non teñas que coidar a túa imaxe. Seguramente non fai falta chegar aos extremos de levar chaqueta e gravata, pero tampouco convén aparecer en pixama. Se o entrevistador viñese á túa casa con que roupa o recibirías?
9. Coida as cores da roupa. 
Recoméndase elixir pezas que destaquen en relación co fondo que vaias utilizar. Unha camisa ou blusa branca contra unha parede branca pode facer que parezas unha cabeza flotante. A roupa rechamante, con raias ou estampada tampouco son a mellor opción. Unha camisa azul ou unha blusa de tons suaves e lisas son opcións seguras.
10. Séntate correctamente
Pon as costas rectas e cunha posición corporal relaxada. Unha lixeira inclinación cara a adiante e a mirada cara ao entrevistador indican unha escoita activa e atenta. Non te sentes excesivamente preto da cámara. Hai que encadrar o rostro e os primeiros botóns da camisa. O entrevistador ten que ser capaz de percibir a túa linguaxe corporal, non basta con ver só unha cabeza.
11. Axusta a altura da cámara. 
Hai que tentar manter o contacto visual co entrevistador. Para iso, tes que facer o esforzo de mirar á cámara cando falas e non á pantalla do computador, para que o entrevistador perciba que se está dirixindo a él e teña a sensación de que a conversa é próxima. Se utilizas un portátil con cámara incorporada ou un Ipad ou Tablet, sitúao encima duns libros para conseguir que a cámara quede á altura dos teus ollos. Coida tamén o ángulo da cámara: se o ángulo da cámara tómate desde abaixo ou desde arriba podes ofrecer unha sensación rara.
12. A conexión a Internet. 
Proba que a conexión a Internet sexa suficiente para que a entrevista non se che entrecorte. Non esquezas deixar o ancho de banda libre. Desconecta ademáis todos os programas que poidan limitar a velocidade do computador.
13. Grávate. 
Por raro que poida parecerche falar só fronte ao teu computador, pode facerche gañar moitísimos puntos na entrevista. A noite ou o día antes, pon a cámara do teu computador para gravar e imaxina unha entrevista. Contesta con naturalidade explicando a túa experiencia e logo mírate. Detectarás de maneira moi rápida as túas tics e se estás a transmitir o que queres ao expresalo e poderás cambialo antes do gran momento.

Durante a entrevista:

1. Aproveita a túa maior vantaxe e marca a diferenza.
Como diciamos antes, unha das maiores virtudes dunha entrevista de traballo por  Skype é que ti elixes o lugar. Busca un sitio no que sintas cómodo/a pero que tampouco te relaxe en exceso. Controla que non vai pasar ninguén por detrás e que non haberá distraccións.
2. Sé puntual. 
Tenta conectarte uns minutos antes e espera de forma paciente e con calma a chamada do entrevistador.
3. Apuntamentos
Este é un consello que só debes seguir se te ves capaz de disimular un pouquiño. Xa que o entrevistador non ve o que che rodea, podes situar ao teu ao redor pequenos recordatorios de algo que quizá che pon nervioso non lembrar.
4. Non te mires a ti mesmo
Por estraño que poida parecerche mirar aos ollos de alguén que non está contigo, faino. Non te mires continuamente a ti na pantalla pequena, porque se notará. E se se nota transmitirás nervios e quizá ata parecerá que non prestas atención. Coma se fose unha entrevista en persoa, busca os seus ollos e mantén a mirada atenta.
5. Deixa que sexa o entrevistador o que finalice a chamada, así evitarás cortar a conversación e que queden preguntas sen facer
6. Despedida profesional
Coma se dun YouTuber ou presentador se tratase, debes ter o teu final. 
Iso non significa que termines cun “adeus corazóns”, senón que penses en como despedirche de forma limpa, cunha frase que che identifique, apagando a cámara e deixando unha fantástica impresión no teu entrevistador.

Como ves, unha entrevista  online non ten por que ser máis difícil. Se aproveitas estes consellos quizá ata che resulte ata máis sinxela pola vantaxe de estar a piques de atopar o traballo dos teus soños, sen saír de casa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario