luns, 23 de marzo de 2020

MEDIDAS FLEXIBILIZACIÓN PARA EVITAR DESPIDOS- ERTEs

MEDIDAS URXENTES RELACIONADAS CO EMPREGO (Real Decreto-ley 8/2020 de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19)


Medidas de flexibilización dos mecanismos de axuste temporal de actividade para evitar despidos

1. QUE É UN ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego)?
É un procedemento polo que a empresa suspende a súa actividade e os contratos dos traballadores temporalmente. Preséntanse por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción ou por forza maior.

O Real Decreto Ley 8/2020 establece que as pérdidas de actividade consecuencia do COVID-19 tendrán a consideración de forza maior aos efectos da suspensión dos contratos ou a redución da xornada e axiliza  a tramitación dos procedementos de suspensión de contrato e redución de xornada tanto por forza maior, como por causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción.
Nun ERTE o traballador pasa a cobrar directamente do desemprego. 
Si te ves afectado, neste caso, en marzo cobrarás uns días da túa empresa a través da nómina e o resto mediante a prestación por desemprego. 
O ERTE é unha fórmula adoptada para alixeirar os custos salariais das compañías sen acabar recorrendo aos despedimentos.

2. MEDIDAS
As medidas que afectan á cobertura por desemprego están recollidas nos artigos 25, 26 e 27 do Real Decreto-Ley 8/2020:
  • En materia de protección por desemprego o art 25 dispón que en aplicación dos procedementos referidos nos artigos 22 e 23, cando a empresa decida a suspensión de contratos ou a redución temporal da xornada de traballo polas causas previstas no artigo 47  ET adoptarán as seguintes medidas:
  1. O recoñecemento do dereito á prestación contributiva por desemprego aínda que carezan do período de ocupación cotizada mínimo necesario para iso.
  2. Non computar o tempo en que se perciba a prestación por desemprego de nivel contributivo que traia a súa causa inmediata das citadas circunstancias extraordinarias, para os efectos de consumir os períodos máximos de percepción establecidos.
  • Poderán acollerse ás medidas reguladas no apartado anterior, ademais das persoas traballadoras incluídas no artigo 264 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aquelas que teñan a condición de socias traballadoras de sociedades laborais e de cooperativas de traballo asociado que teñan previsto cotizar pola continxencia de desemprego.

3. CONTÍA DA PRESTACIÓN
O importe diario da prestación durante os 180 primeiros días será o 70% da base reguladora; a partir do día 181 ata o final da prestación será o 50%. 
A base reguladora calcúlase tendo en conta a base por continxencias profesionais dos 180 últimos días cotizados.

4.TRÁMITES
No caso de que a túa relación laboral se vexa suspendida por un ERTE, non tes que solicitar cita previa co SEPE. A xestión da túa prestación tramitarase entre a túa empresa e o SEPE. (este procedemento actualizarase nos próximos días).


Ningún comentario:

Publicar un comentario