luns, 23 de marzo de 2020

MEDIDAS URXENTES DE EMPREGO - TRÁMITES DEMANDAS DE EMPREGO E PRESTACIÓNS


MEDIDAS URXENTES DE EMPREGO PARA MINIMIZAR O IMPACTO DO COVID-19- TRÁMITES RELACIONADOS COAS DEMANDAS DE EMPREGO E PRESTACIÓNS

Como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 as oficinas de emprego pechan ao público pero ofrecerán á cidadanía atención telefónica e telemática para os trámites urxentes.

Para iso, Emprego Galicia, en coordinación co Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE), adoptou as seguintes medidas:

  • NON será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril de 2020.
  • Se o que necesitas é obter información ou solicitar unha prestación ou subsidio, contacta antes coa Oficina de Prestacións dependente do SEPE, independentemente da situación da túa demanda de emprego. Para facelo, tes que empregar o sistema de cita previa virtual, ao que podes acceder no seguinte enlace:
  • Se tes que realizar algún trámite urxente na túa demanda de emprego ou solicitar un certificado ou un informe, poderás realizalo a través da Oficina virtual (reactivación da demanda de emprego en determinados casos, solicitude de servizos, ofertas de emprego, ...) ou poñéndote en contacto coa túa oficina de emprego telefonicamente ou a través dun correo electrónico. Consulta aquí os datos de contacto:
  • NON se dará de baixa ás persoas estranxeiras que teñan pendente a renovación dunha autorizacicón administrativa ou estean pendentes de presentear algunha documentación xustificativa.
  • Quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral.
  • Quedan aprazadas, mentres dure a suspensión das actividades educativas, as accións de formación profesional para o emprego xestionadas ou financiadas pola Xunta de Galicia, os obradoiros de emprego e os programas integrados de emprego

PRESTACIÓNS DEPENDENTES DO SEPE:

  • NON se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o teu dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos.
  • Habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial.
  • NON se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.
Podes consultar outras medidas do SEPE no seguinte enlace: https://www.sepe.es/HomeSepe


Ningún comentario:

Publicar un comentario